CORECCIÓNS CIENCIAS SOCIAIS E NATURAIS SEMANA DO 11-17 DE MAIO


TAREFAS DE CIENCIAS SOCIAIS.
DO LIBRO, PÁXINA 96, EXERCICIO 7.
A resposta desta tarefa é libre, cada un de vós terá unha diferente xa que debedes pensar e reflexionar sobre as preguntas.

DO LIBRO, PÁXINA 97, EXERCICIO 9.
De que nos informa este mapa?
Este mapa ofrece información sobre os movementos migratorios internos que se producen en España entre os anos 1961 e 1975.
Onde buscaches a información, no título ou na lenda?
A información aparece no título do mapa.
Con que cor se identifican as Comunidades das que saíron emigrantes? E ás que chegaron inmigrantes?
Coa cor amarela representáronse as Comunidades Autónomas das que saíron emigrantes.
Coa cor verde representáronse as Comunidades Autónomas ás que chegaron inmigrantes.
Como se expresa a dirección das migracións?
A dirección das migracións representouse con frechas de cor vermella.

TAREFAS DE CIENCIAS NATURAIS
1. Pon un exemplo de cada unha das relación que poden darse entre os seres vivos. Un exemplo diferente ao do vídeo e ao do libro 
Existen moitos exemplos para responder este exercicio, a continuación amósovos algúns. 
Parasitismo: o mosquito e o ser humano. O mosquito benefíciase cando nos pica e o ser humano sae perxudicado.
Competencia: leóns e hienas, compiten por cazar as mesmas presas. 
Mutualismo: a polinización a través de insectos, os insectos benefícianse con alimento e as flores ao poder reprducirse. 
Comensalismo: os boitres aliméntanse de animais mortos. 

2. Que relación existe entre os seguintes animais. Explica a túa resposta. 
 A)O cangrexo obtén a protección que lle proporcionan os tentáculos da anémona e a anémona obtén alimento de forma máis fácil polos restos de comida que se lle escapan ao cangrexO.
  • A relación que existe entre o cangrexo e a anémona é o mutualismo porque os dos seres vivos se benefician, o cangrexo obtén protección e a anémona obtén alimento de maneira máis sinxela.

B) A presencia da tartaruga é aparentemente indiferente para o tiburón ao que acompaña, pero o tiburón proporciona protección e restos de alimento á tartaruga. 
  • A relación que eiste entre a tartaruga é o tiburón é o comensalismo porque so se beneficia un deles, a tartaruga.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO