Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Tarefa 27 de abril-4 de maio

Ola nen@s! Para seguir traballando a pirámide de poboación, durante esta semana teredes que facer o exercicio 2 da páxina 94 do libro. Recordade preguntarme as dúbidas que teñades e enviarme a través do correo ou do whatsapp as vosas respostas. Unha aperta!

Tarefas semana 27-30 de abril

Bo día! Como imos? Para estes catro días en matemáticas, imos facer un repaso final do tema 9.  Para elo, propóñovos algunha ficha de repaso e dous exercicios do libro de texto. Xa iremos vendo se podemos dalo por rematado. Se hai algunha actividade na que teñades algún atranco, non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Eu fareino o mércores a través do teléfono, tal e como viñemos facendo a semana pasada. Descarga o documento aquí

Tarefas semana 27-30 de abril

Bo día nenos e nenas! Que tal estades? Como xa sabedes, esta semana ten só catro días lectivos, polo que o traballo rematará o xoves.  Para estes catro días en ambas linguas, imos facer un breve repaso do tema 10. Se recordades, este tema trata sobre o verbo.  Así pois envíovos catro fichas; dúas delas de actividades e as outras dúas, para analizar formas verbais.  Descarga o documento aquí

Tarefa 27 de abril- 4 de maio

Ola nenas e nenos. Déixovos as tarefas para esta semana. Antes de facelas tedes que ver o vídeo que vos deixo a continuación no que vos explico as relacións entre os seres vivos. As actividades que tedes que facer son as seguintes: Do libro, paxina 79, exercicio 4, da páxina 83 o exercicios 11 e 12. Recordade preguntarme calquera dúbida que teñades e enviarme as tarefas cando as teñades feitas, a través do email ou do whatsapp. Unha aperta

Benvida ao blog de 5º do CPI Luis Díaz Moreno

Imaxe
Ola nenas e nenos! Dámosvos a benvida ao novo blog  onde poderedes consultar as tarefas de cada materia de xeito máis práctico. Premendo en cada un dos apartados que aparecen na páxina de inicio veredes todas as tarefas das diferentes materias, xunto con toda a información para poder realizalas. Ademais, ao final da páxina de inicio aparecen os emails de todos os mestres para que vos comuniquedes con nós ou nos enviedes as tarefas. Esperamos que vos resulte cómodo e sinxelo. Comezamos!!!