Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Plástica

TAREFA PLÁSTICA 1-9 XUÑO

Ola nen@s! Esta será a última tarefa deste curso. O que quero que fagades nela é entrar no enlace que vos deixo a continuación e crear o voso propio animal con formas xeométricas. ANIMAIS XEOMÉTRICOS https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEXTO/datos/04_Plastica/datos/rdi/09.htm Unha vez que o teñades creado quero que o dibuxedes vos mesmos nun folio, o coloreédes    e lle poñades un nome. O  IMPORTANTE  NON É QUE FAGADES UNHA COPIA EXATA E PERFECTA DO ANIMAL QUE CREASTES, SE NON QUE CADA UN DE VOS CREE O SEU ANIMAL PROPIO. RECORDADE  que podedes preguntarme calquer dúbida a través do correo electrónico ou do Whatsapp e podedes utilizar tamén estes medios para enviarme as tarefas. Unha aperta!

TAREFA PLÁSTICA 18-31 DE MAIO

Imaxe
Ola nen@s! que tal? Para estes 15 días propóñovos unha visita a un dos museos máis importantes do mundo. A continuación déixovos dous enlaces a dúas visitas virtuais a diferentes zonas do museo Louvre, en París. ANTIGUEDADES EXIPCIAS- MUSEO LOUVRE Esta é unha colección de arte do período dos faraóns. http://musee.louvre.fr/visite-louvre/index.html?defaultView=rdc.s46.p01&lang=ENG HEROES: DE HÉRCULES A DARTH VADER- MUSEO LOUVRE Esta é unha exposición que conta como ilustradores, escultores/as, pintores/as, cineastas e músicos/as de todo o mundo se inspiraron nos mitos e déronlles forma e vida.    https://petitegalerie.louvre.fr/visite-virtuelle/saison1/#/petite_galerie_5/ Quero que escollades a que máis vos guste e a visitides. Posteriormente teredes que facer un cartel para animar aos demais compañeiros a que fagan esa visita. Tamén vos amoso uns exemplos feitos por museos para anunciar as súas coleccións. Se tedes dúbidas cont...

TAREFA PLÁSTICA 5-17 DE MAIO

Imaxe
Para traballar a materia de Plástica imos tomar como referencia unha das actividades de música, a dos cadros. Amósovos a imaxe de diferentes cadros coñecidos para que os observedes e escollades o que máis vos guste. O que quero que fagades é un ‘copia’ dese cadro. Debuxade de novo ese cadro tomándoo como referencia, pero sen que sexa unha copia exacta. O obxectivo non é calcar o cadro ou que se pareza moito ao orixinal, o obxectivo é que o tomedes como referencia para facer algo parecido pero que engadades debuxos propios ou coloreado doutra forma. Amósovos un exemplo que xa fixestes na clase. Recordade enviarme o voso debuxo a través do correo electrónico ou a través do whatsapp. Unha aperta!