Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Matemáticas

Tarefas Matemáticas e Linguas - Semana 8-12 de xuño

Bo día nenos e nenas!! Xa estamos na recta final, así pois, imos ir baixando un pouco a carga de traballo semanal. P or unha banda, en canto a matemáticas, a tarefa que vos propoño é un repaso de todo o traballado nos dous trimestres anteriores. Por outra banda, en canto ás linguas, como xa vos comentara, faremos un resumo das 3 conxugacións verbais. Agardo que afrontedes estes días con moito ánimo! Descarga o documento aquí

CORRECCIÓNS MATEMÁTICAS E LINGUAS - Semana 1-5 de xuño

Bo día!! Aquí vos deixo as correccións das tarefas realizadas a semana anterior. Descarga o documento aquí

MATEMÁTICAS Semana 1-5 de xuño

Bo día Esta semana xa para rematar o tema, tócannos as unidades de masa. Fixádevos ben no recadro azul nas dúas unidades que veñen ao final: quintal (q) = 100kg e tonelada (t) = 1000kg. Adxúntovos ademais un audio coa explicación. Agardo que vos axude, mais xa sabedes que calquera dúbida que xurda, estamos en contacto. Descarga o documento aquí Descarga o audio aquí

Correccións Matemáticas e Linguas Semana 25-29

Boas nenos e nenas!! Aquí vos achego as correccións da semana 25-29 Descarga o documento aquí

Tarefas Matemáticas Semana 25-29 de maio

Bo día!! Por aquí vos deixo a tarefa de matemáticas para esta semana. Descarga o documento aquí

Correccións de matemáticas e linguas semana 18-22 de maio

Ola nenos e nenas ! Aquí vos deixo as correccións da semana pasada. Descarga o documento aquí

Tarefas de matemáticas semana 18-22 de maio

Ola bo día! Estas son as tarefas de matemáticas, esta semana imos continuar co tema e pasamos ás unidades de capacidade. Acordádesvos? Descarga o documento aquí

CORRECCIÓNS MATEMÁTICAS E LINGUAS SEMANA 11-15

Ola nenos e nenas ! Aquí vos deixo as correccións da semana pasada. Descarga o documento aquí

Tarefas para a semana 11-15 de maio

Ola!! Esta semana en matemáticas imos seguir repasando as unidades de lonxitude así como diversas operacións de repaso trimestral.... acordarédesvos? Descarga o documento aquí

Corrección das tarefas da semana 5-8 de maio

Bo día! Malia que fomos corrixindo individualmente ao longo da semana, aquí vos deixo como de costume as solucións das tarefas do 5 ao 8 de maio. Descarga o documento aquí

Tarefas semana 5-8 de maio

Bo día! Déixovos aquí a tarefa de matemáticas para esta semana. Como vedes, hai 4 gravacións que aparecen fóra do documento PDF, que deberedes de escoitar antes de realizar as tarefas correspondentes , pois é un complemento máis para o traballo do martes, mércores e xoves desta semana. Agardo que así sexa máis doado realizar os diferentes exercicios.  Malia isto, se tedes algunha dúbida, estamos en contacto.   Descarga o documento aquí

Correccións das tarefas da semana 27-30 de abril

Bo día! Malia que ao longo da semana pasada case todos/as me fostes enviando as tarefas, achégovos as correccións de lingua galega, lingua castelá e matemáticas. Descarga o documento aquí Descarga o documento aquí

Tarefas semana 27-30 de abril

Bo día! Como imos? Para estes catro días en matemáticas, imos facer un repaso final do tema 9.  Para elo, propóñovos algunha ficha de repaso e dous exercicios do libro de texto. Xa iremos vendo se podemos dalo por rematado. Se hai algunha actividade na que teñades algún atranco, non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Eu fareino o mércores a través do teléfono, tal e como viñemos facendo a semana pasada. Descarga o documento aquí