Para estas dúas semanas propóñovos varias tarefas para que escollades e fagades a que máis vos guste. A primeira delas consiste en tocar coa flauta unha peza que moitos de vos xa coñeceredes e que se chama Himno da alegría. Para poder tocala déixovos un vídeo no que repasamos a posición das notas e vemos a partitura desta peza. RECORDADE: tocade pouco a pouco, compás por compás e despois tocade varios compases unidos. E xa sabedes, cando estedes listos enviádeme un vídeo ou un audio no que toquedes toda a canción ou un pedaciño dela. A seguinte tarefa consiste en poñer música a un cadro. En primeiro lugar vouvos amosar diferentes cadros moi coñecidos para que lles botedes un vistazo. O que quero que fagades é que escollades un cadro, o que máis vos guste, e que lle poñades música. Observade ben o cadro, pensade que vos transmite e creade algún son que reflexe eso que vos trasmite. Para crear estes sons podedes utiliza
Ola nen@s! Esta semana seguiremos repasando as relacións entre os seres vivos. Se o necesitades volvede a ver o vídeo donde volas explico. As tarefas que debedes facer son as seguintes: 1. Pon un exemplo de cada unha das relación que poden darse entre os seres vivos. Un exemplo diferente ao do vídeo e ao do libro 2. Que relación existe entre os seguintes animais. Explica a túa resposta. A) O cangrexo obtén a protección que lle proporcionan os tentáculos da anémona e a anémona obtén alimento de forma máis fácil polos restos de comida que se lle escapan ao cangrexo. B) A presencia da tartaruga é aparentemente indiferente para o tiburón ao que acompaña, pero o tiburón proporciona protección e restos de alimento á tartaruga. RECORDADE enviarme as tarefas ao correo electrónico ou ao whatsapp e preguntádeme calquer dúbida que precisedes. Unha aperta!
Ola nen@s! Aquí vos deixo un breve vídeo para seguir traballando un pouquiño máis a emigración e a inmigración. As tarefas que quero que fagades son: Do libro, páxina 96, exercicio 6. Un breve traballo de investigación sobre como se sinten as persoas emigrantes cando chegan a un país novo. Para iso déixovos un enlace que se amosa a historia de varios españois que decidiron emigrar a un outro país e un vídeo que amosa a historia dunha nigeriana que veu a España. https://72migrantes.com/emigracion/emigracion-testimonios-jovenes-espanoles-decidieron-emigrar-alemania/ As preguntas ás que tedes que responder son: Por qué motivo marcharon a outro país? C omo se sentiron a primeira vez que chegaron a ese país? Se ti tiveras que emigrar a outro país, como che gustaría que se comportase a poboación dese país contigo? Ti comportaríaste da mesma forma con alguén que emigra ao teu país? Xustifica as túas respostas. RECORDADE que podedes preguntarme calquer dúbida
Comentarios
Publicar un comentario