Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ciencias Naturais

ENLACES INTERESANTES SOCIAIS E NATURAIS

Ola nen@s! Comezan as vacacións que tanto merecedes, debedes descansar, xogar e disfrutar delas. A continuación déixovos algúns enlaces de xogos para repasar contidos traballados en Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. Estes xogos NON SON OBLIGATORIOS! Con eles podedes repasar o traballado para que non quede no olvido para o vindeiro curso, Ciencias Sociais; https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/comunidades-autonomas-de-espaa/9f69dbbf-8dda-4403-b8e1-47d77887b7a6 https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/capitales-de-ccaa-de-espaa/370e846f-9320-42b3-a18f-56f06e57b182 https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa/108fb9ee-6654-465a-a9ed-e84be977a27a https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/rios-de-espaa/6b90cb5d-8084-4d44-9cc6-990fe7068e38 https://mapasinteractivos.didactalia....

TAREFAS NATURAIS 8-14 XUÑO

Ola nenas e nenos! Esta semana propóñovos varios xogos para repasar as células, os órganos dos sentidos e o sistema nervioso, para eso déxovos os seguintes enlaces. CÉLULAS https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/02_Cmedio/datos/05rdi/ud01/01.htm ÓRGANOS DOS SENTIDOS https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/02_Cmedio/datos/05rdi/ud05/01.htm SISTEMA NERVIOSO https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/02_Cmedio/datos/05rdi/ud05/02.htm RECORDADE que o importante é que intentedes realizar a tarefa aínda que teñades erros. Como xa sabedes, podedes preguntarme calquer dúbida a través do correo electrónico ou do Whatsapp e enviarme a a través deles as imaxes das tarefas. Unha aperta!

TAREFA NATURAIS 1-7 XUÑO

Ola nen@s! Comeza a recta final deste curso e por iso imos repasar o que levamos traballado ata agora. A continuación déixovos o enlace a un xogo similar a Pasapalabra con preguntas sobre os ecosistemas e os seres vivos. https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5927094-ecosistemas.html A tarefa desta semana consiste en realizar o xogo e enviarme unha imaxe ou captura de que terminastes dito xogo. O  IMPORTANTE  É QUE O INTENTEDES CON TODAS AS LETRAS! TENTADE XOGAR SEN MIRAR O LIBRO PARA SABER DE QUE VOS ACORDADES E DE QUE NON. RECORDADE  que podedes preguntarme calquer dúbida a través do correo electrónico ou do Whatsapp e podedes utilizar estes medios tamén para enviarme a tarefa relizada. Unha aperta!

CORRECCIÓNS SOCIAIS E NATURAIS SEMANA DO 25-31 MAIO

Imaxe
CIENCIAS NATURAIS ESQUEMA Amósovos un exemplo para que tomedes como referencia. DO LIBRO, PÁXINA 98, EXERCICIO 4 . Obsérvase a deforestación. Ademais de desaparecer as árbores que se cortan, desaparecen tamén os animais que dependen delas. CIENCIAS SOCIAIS A poboación de España é de 47.000.000 de persoas no ano 2019. Neste ano o número de nacementos é de 170.074 O número de falecementos no 2019 é de 424.523  As persoas inmigrantes que chegaron a España durante o 2019 foron 348.625 e as persoas que emigraron foron 139.528 Tendo en conta estos datos indica cal é a poboación de España ao finalizar o ano 2019 e calcula se o saldo natural e tamén o migratorio é positivo ou negativo.                         47.000.000+170.074=47.170.074  SUMAMOS OS NACEMENTOS               ...

CORRECCIÓNS SOCIAIS E NATURAIS SEMANA 18-24 MAIO

Imaxe
CIENCIAS SOCIAIS Do libro, páxina 96, exercicio 6. Dende o 2008 o número de inmigrantes descendeu e o número de emigrantes aumentou.  No ano 2008 o número de inmigrantes descendeu en 200 miles de persoas mentres que o de emigrantes aumentou 100 mil persoas.  Durante os seguintes anos o número de inmigrantes seguiu a descender ata chegar ás 300 mil persoas mentres que o número de emigrantes aumentou con menor velocidade. Traballo de investigación. As respostas son persoais e individuais. CIENCIAS NATURAIS 1.        Indica se estas afirmacións son verdadeiras ou falsas. Corrixe as afirmacións falsas. A cadea alimenticia tamén se chama rede alimentaria.  FALSO.            A rede alimentaria é a representación das distintas cadeas alimentarias dun ecosistema. Os descompoñedores atópanse no primeiro eslabón da cadea.  FALSO .            Os desc...

TAREFAS NATURAIS 25-31 MAIO

Ola nen@s! Esta semana seguiremos traballando os ecosistemas e os seus elementos. Para eso déixovos un novo vídeo no que explico os diferentes ecosistemas que existen. https://drive.google.com/file/d/1152HkgmGoa3RN3M4LnuoO8RTJYs1VTs8/view?usp=sharing As tarefas que tedes que realizar esta semana son as seguintes. DO LIBRO, PÁXINA 98, EXERCICIO 4.  Inténtao facer sen mirar o libro xa que os contidos que se traballan xa os coñecedes de anos anteriores. - Realiza un esquema sobre os tipos de ecosistemas. Sinala a diferencia entre os ecosistemas terrestres e acuáticos, e tamén as diferencias entre cada un dos tipos (río, lagoa; bosque, pradaría...) RECORDADE preguntarme calquer dúbida e enviarme as tarefas a través do Whatsapp ou do correo electrónico. Unha aperta!

TAREFAS NATURAIS 18-24 DE MAIO

Imaxe
      Ola nen@s!       Esta semana continuamos repasando o tema dos ecosistemas e os seus elementos.       Para iso ides realizar as seguintes actividades.       1. Indica se estas afirmacións son verdadeiras ou falsas. Corrixe as afirmacións falsas. A cadea alimenticia tamén se chama rede alimentaria. Os descompoñedores atópanse no primeiro eslabón da cadea. A cadea alimentaria so ten un eslabón. O parasitismo é a relación que se establece entre un individuo que vive dentro ou fora doutro organismo e non lle causa ningún dano. No mutualismo eiste unha relación entre dúas especias que viven xuntas e se axudan mutuamente. O hábitat é o solo dun ecosistema. 2. Sinala no seguinte debuxo os elementos que pertencen á fauna, á flora e ao medio físico. RECORDADE que podedes preguntarme calquer dúbida a través do Whatsapp ou correo electrónico. Tamén podedes utilizar estes medios para enviarme a...

CORECCIÓNS CIENCIAS SOCIAIS E NATURAIS SEMANA DO 11-17 DE MAIO

TAREFAS DE CIENCIAS SOCIAIS. DO LIBRO, PÁXINA 96, EXERCICIO 7. A resposta desta tarefa é libre, cada un de vós terá unha diferente xa que debedes pensar e reflexionar sobre as preguntas. DO LIBRO, PÁXINA 97, EXERCICIO 9. De que nos informa este mapa? Este mapa ofrece información sobre os movementos migratorios internos que se producen en España entre os anos 1961 e 1975. Onde buscaches a información, no título ou na lenda? A información aparece no título do mapa. Con que cor se identifican as Comunidades das que saíron emigrantes? E ás que chegaron inmigrantes? Coa cor amarela representáronse as Comunidades Autónomas das que saíron emigrantes. Coa cor verde representáronse as Comunidades Autónomas ás que chegaron inmigrantes. Como se expresa a dirección das migracións? A dirección das migracións representouse con frechas de cor vermella. TAREFAS DE CIENCIAS NATURAIS 1. Pon un exemplo de cada unha das relación que poden darse entre os seres vivos. Un ex...

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

Ola nen@s! Esta semana seguiremos repasando as relacións entre os seres vivos. Se o necesitades volvede a ver o vídeo donde volas explico. As tarefas que debedes facer son as seguintes: 1. Pon un exemplo de cada unha das relación que poden darse entre os seres vivos. Un exemplo diferente ao do vídeo e ao do libro  2. Que relación existe entre os seguintes animais. Explica a túa resposta.  A) O cangrexo obtén a protección que lle proporcionan os tentáculos da anémona e a anémona obtén alimento de forma máis fácil polos restos de comida que se lle escapan ao cangrexo. B) A presencia da tartaruga é aparentemente indiferente para o tiburón ao que acompaña, pero o tiburón proporciona protección e restos de alimento á tartaruga.  RECORDADE enviarme as tarefas ao correo electrónico ou ao whatsapp e preguntádeme calquer dúbida que precisedes.  Unha aperta!

CORRECCIÓNS SOCIAIS E NATURAIS 5-10 MAIO

SOCIAIS DO LIBRO, PÁXINA 87, EXERCICIO 1. 1.    CALCULA O SALDO NATURAL DE ESPAÑA NO ANO 2012 A PARTIR DESTES DATOS. Nacementos: 455000                                                                     Defuncións: 403000 455000-403000=52000 O saldo natural é positivo en 52000 persoas. Naceron máis persoas das que morreron. DO LIBRO, PÁXINA 89, EXERCICIO 2. 2.  CALCULA O SALDO MIGRATORIO DE ESPAÑA EN 2012 A PARTIR DOS SEGUINTES DATOS.   Emigrantes: 445000                           ...

TAREFAS DO 5 AO 10 DE MAIO

Para seguir repasando os ecosistemas e os seus elementos quero que fagades as seguintes tarefas.  1. M IRA POLA FIESTRA DA TÚA CASA E INDICA OS DIFERENTES ELEMENTOS DO ECOSISTEMA QUE PODES VER. ELEMENTOS QUE PERTENCEN AO MEDIO FÍSICO: ELEMENTOS QUE FORMAN PARTE DA FLORA: ELEMENTOS QUE FORMAN PARTE DA FAUNA:  2.  DE TODOS OS SERES VIVOS QUE OBSERVACHE PODERÍAS POÑER UN EXEMPLO DE INDIVIDUO E POBOACIÓN? RAZOA A TÚA RESPOSTA. Recordade enviarmas a través do correo electrónico ou do Whatsapp. Unha aperta!

Tarefa 27 de abril- 4 de maio

Ola nenas e nenos. Déixovos as tarefas para esta semana. Antes de facelas tedes que ver o vídeo que vos deixo a continuación no que vos explico as relacións entre os seres vivos. As actividades que tedes que facer son as seguintes: Do libro, paxina 79, exercicio 4, da páxina 83 o exercicios 11 e 12. Recordade preguntarme calquera dúbida que teñades e enviarme as tarefas cando as teñades feitas, a través do email ou do whatsapp. Unha aperta