CORRECCIÓNS SOCIAIS E NATURAIS SEMANA 18-24 MAIO

CIENCIAS SOCIAIS


Do libro, páxina 96, exercicio 6.
Dende o 2008 o número de inmigrantes descendeu e o número de emigrantes aumentou. 

No ano 2008 o número de inmigrantes descendeu en 200 miles de persoas mentres que o de emigrantes aumentou 100 mil persoas. 
Durante os seguintes anos o número de inmigrantes seguiu a descender ata chegar ás 300 mil persoas mentres que o número de emigrantes aumentou con menor velocidade.

Traballo de investigación.
As respostas son persoais e individuais.

CIENCIAS NATURAIS

1.      Indica se estas afirmacións son verdadeiras ou falsas. Corrixe as afirmacións falsas.
A cadea alimenticia tamén se chama rede alimentaria. FALSO.
  •           A rede alimentaria é a representación das distintas cadeas alimentarias dun ecosistema.

Os descompoñedores atópanse no primeiro eslabón da cadea. FALSO.
  •           Os descompoñedores son o último eslabón da cadea.

A cadea alimentaria so ten un eslabón. FALSO
  • A cadea alimentaria ten varios eslabóns (produtores, consumidor primario, consumidor secundario…)

O parasitismo é a relación que se establece entre un individuo que vive dentro ou fora doutro organismo e non lle causa ningún dano. FALSO
  •           O parasitismo é a relación na que un ser vivo resulta beneficiado e outro ser vivo resulta perxudicado.

No mutualismo existe unha relación entre dúas especias que viven xuntas e se axudan mutuamente. VERDADEIRO
O hábitat é o solo dun ecosistema. FALSO
  •           O hábitat son as condicións ambientais que se dan nun ecosistema.


     2. Sinala no seguinte debuxo os elementos que pertencen á fauna, á flora e ao medio físico. 

MEDIO FÍSICO: montaña, sol, nubes, río, pedras.

FAUNA: caracol, cabra.
FLORA: herba, árbore.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO