Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

CORRECCIÓNS SOCIAIS E NATURAIS SEMANA 18-24 MAIO

Imaxe
CIENCIAS SOCIAIS Do libro, páxina 96, exercicio 6. Dende o 2008 o número de inmigrantes descendeu e o número de emigrantes aumentou.  No ano 2008 o número de inmigrantes descendeu en 200 miles de persoas mentres que o de emigrantes aumentou 100 mil persoas.  Durante os seguintes anos o número de inmigrantes seguiu a descender ata chegar ás 300 mil persoas mentres que o número de emigrantes aumentou con menor velocidade. Traballo de investigación. As respostas son persoais e individuais. CIENCIAS NATURAIS 1.        Indica se estas afirmacións son verdadeiras ou falsas. Corrixe as afirmacións falsas. A cadea alimenticia tamén se chama rede alimentaria.  FALSO.            A rede alimentaria é a representación das distintas cadeas alimentarias dun ecosistema. Os descompoñedores atópanse no primeiro eslabón da cadea.  FALSO .            Os descompoñedores son o último eslabón da cadea. A cadea alimentaria so ten un eslabón.  FALSO A cadea alim

TAREFAS SOCIAIS 25-31 MAIO

Ola nen@s! Esta semana repasaremos contidos traballados durante as semanas pasadas.  Para eso quero que fagades a seguinte actividade.  Tendo en conta os seguintes datos indica cal é a poboación de España ao finalizar o ano 2019 e calcula se o saldo natural e tamén o migratorio é positivo ou negativo. A poboación de España é de 47.000.000 de persoas no ano 2019. Neste ano o número de nacementos é de  170.074 O número de falecementos no 2019 é de  424.523  As persoas inmigrantes que chegaron a España durante o 2019 foron  348.625 e as persoas que emigraron foron 139.528 RECORDADE preguntarme calquer dúbida e enviarme as tarefas a través do Whatsapp ou do correo electrónico. Unha aperta!

TAREFAS NATURAIS 25-31 MAIO

Ola nen@s! Esta semana seguiremos traballando os ecosistemas e os seus elementos. Para eso déixovos un novo vídeo no que explico os diferentes ecosistemas que existen. https://drive.google.com/file/d/1152HkgmGoa3RN3M4LnuoO8RTJYs1VTs8/view?usp=sharing As tarefas que tedes que realizar esta semana son as seguintes. DO LIBRO, PÁXINA 98, EXERCICIO 4.  Inténtao facer sen mirar o libro xa que os contidos que se traballan xa os coñecedes de anos anteriores. - Realiza un esquema sobre os tipos de ecosistemas. Sinala a diferencia entre os ecosistemas terrestres e acuáticos, e tamén as diferencias entre cada un dos tipos (río, lagoa; bosque, pradaría...) RECORDADE preguntarme calquer dúbida e enviarme as tarefas a través do Whatsapp ou do correo electrónico. Unha aperta!

Tarefas de Linguas Semana 25-29 de maio

Boas nenos e nenas! Déixovos por aquí as tarefas das linguas para esta semana. Ánimo, que xa pouco queda!! Descarga o documento aquí

Tarefas Matemáticas Semana 25-29 de maio

Bo día!! Por aquí vos deixo a tarefa de matemáticas para esta semana. Descarga o documento aquí

Correccións de matemáticas e linguas semana 18-22 de maio

Ola nenos e nenas ! Aquí vos deixo as correccións da semana pasada. Descarga o documento aquí

Rutinas 3.0 para estar activ@s

https://drive.google.com/file/d/1fHGqx3yNyC75bT0QDPjsyG2NbI6GW6dH/view?usp=sharing

TAREFA MÚSICA 18-31 DE MAIO

Ola nen@as! Que tal? Como seguro que xa sabedes, a pasada semana celebrouse o Día das Letras Galegas. Por iso propóñovos unh actividade para traballar un poquiño coa música tradicional galega. Esta actividade consiste en escoitar as dúas pezas que vos deixo a continuación e averiguar os instrumentos que aparecen nelas.  Tamén tedes que clasificar os instrumentos segundo como produceno son: aerófonos, cordófonos, membranófonos e idiófonos.   A continuación déixovos as canción. https://drive.google.com/file/d/1xcEzDYNiEb95BlctSfooCR2b6RhbEcRt/view?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/12l3yoL-axauZSWeD0HYwlOr85q-yla73/view?usp=sharing Recordade que podedes preguntarme calquer dúbida a través do correo electrónico ou do whatsapp. A través destes medios tamén debedes enviarme a tarefa feita. Unha aperta!

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO

Ola nen@s! Aquí vos deixo un breve vídeo para seguir traballando un pouquiño máis a emigración e a inmigración. As tarefas que quero que fagades son: Do libro, páxina 96, exercicio 6. Un breve traballo de investigación sobre como se sinten as persoas emigrantes cando chegan a un país novo. Para iso déixovos un enlace que se amosa a historia de varios españois que decidiron emigrar a un outro país e un vídeo que amosa a historia dunha nigeriana que veu a España. https://72migrantes.com/emigracion/emigracion-testimonios-jovenes-espanoles-decidieron-emigrar-alemania/ As preguntas ás que tedes que responder son: Por qué motivo marcharon a outro país? C omo se sentiron a primeira vez que chegaron a ese país? Se ti tiveras que emigrar a outro país, como che gustaría que se comportase a poboación dese país contigo? Ti comportaríaste da mesma forma con alguén que emigra ao teu país? Xustifica as túas respostas. RECORDADE que podedes preguntarme calquer dúbida

TAREFAS NATURAIS 18-24 DE MAIO

Imaxe
      Ola nen@s!       Esta semana continuamos repasando o tema dos ecosistemas e os seus elementos.       Para iso ides realizar as seguintes actividades.       1. Indica se estas afirmacións son verdadeiras ou falsas. Corrixe as afirmacións falsas. A cadea alimenticia tamén se chama rede alimentaria. Os descompoñedores atópanse no primeiro eslabón da cadea. A cadea alimentaria so ten un eslabón. O parasitismo é a relación que se establece entre un individuo que vive dentro ou fora doutro organismo e non lle causa ningún dano. No mutualismo eiste unha relación entre dúas especias que viven xuntas e se axudan mutuamente. O hábitat é o solo dun ecosistema. 2. Sinala no seguinte debuxo os elementos que pertencen á fauna, á flora e ao medio físico. RECORDADE que podedes preguntarme calquer dúbida a través do Whatsapp ou correo electrónico. Tamén podedes utilizar estes medios para enviarme as tarefas.  Unha aperta!

TAREFA PLÁSTICA 18-31 DE MAIO

Imaxe
Ola nen@s! que tal? Para estes 15 días propóñovos unha visita a un dos museos máis importantes do mundo. A continuación déixovos dous enlaces a dúas visitas virtuais a diferentes zonas do museo Louvre, en París. ANTIGUEDADES EXIPCIAS- MUSEO LOUVRE Esta é unha colección de arte do período dos faraóns. http://musee.louvre.fr/visite-louvre/index.html?defaultView=rdc.s46.p01&lang=ENG HEROES: DE HÉRCULES A DARTH VADER- MUSEO LOUVRE Esta é unha exposición que conta como ilustradores, escultores/as, pintores/as, cineastas e músicos/as de todo o mundo se inspiraron nos mitos e déronlles forma e vida.    https://petitegalerie.louvre.fr/visite-virtuelle/saison1/#/petite_galerie_5/ Quero que escollades a que máis vos guste e a visitides. Posteriormente teredes que facer un cartel para animar aos demais compañeiros a que fagan esa visita. Tamén vos amoso uns exemplos feitos por museos para anunciar as súas coleccións. Se tedes dúbidas contactade co

CORECCIÓNS CIENCIAS SOCIAIS E NATURAIS SEMANA DO 11-17 DE MAIO

TAREFAS DE CIENCIAS SOCIAIS. DO LIBRO, PÁXINA 96, EXERCICIO 7. A resposta desta tarefa é libre, cada un de vós terá unha diferente xa que debedes pensar e reflexionar sobre as preguntas. DO LIBRO, PÁXINA 97, EXERCICIO 9. De que nos informa este mapa? Este mapa ofrece información sobre os movementos migratorios internos que se producen en España entre os anos 1961 e 1975. Onde buscaches a información, no título ou na lenda? A información aparece no título do mapa. Con que cor se identifican as Comunidades das que saíron emigrantes? E ás que chegaron inmigrantes? Coa cor amarela representáronse as Comunidades Autónomas das que saíron emigrantes. Coa cor verde representáronse as Comunidades Autónomas ás que chegaron inmigrantes. Como se expresa a dirección das migracións? A dirección das migracións representouse con frechas de cor vermella. TAREFAS DE CIENCIAS NATURAIS 1. Pon un exemplo de cada unha das relación que poden darse entre os seres vivos. Un ex

ÚLTIMOS RETOS VIRAIS DESTE CONFINAMENTO! DO 18 AO 31 DE MAIO

Para poñer en práctica algunhas das habilidades traballadas ao longo do curso, comparto catro retos que debedes  INTENTAR  realizar nestas datas. Necesitan ser practicados, pois  NON SAEN CON FACELOS SÓ UNHA OU DÚAS VECES . Da mesma maneira,  APRENDEREMOS  e tamén nos  EQUIVOCAREMOS  e gracias a isto, poderemos  MELLORAR  (superando ou quedando preto de conseguilo). DOS 4 RETOS  que vos presento debedes  ESCOLLER 3  para realizar. Para entregar estes podedes: OPCIÓN A.  Gravalos en vídeo  despois  de practicalos/intentalos. OPCIÓN B.  Gravar un audio e escoller 3 retos onde se expliquen:        En que consiste cada reto.         Obxectivos        Que vos parece o máis complicado? E sinxelo? OPCIÓN C.  Explicar o mesmo que na opción B pero por escrito. OPCIÓN D.  Combinar entre vídeos e audio/explicacións nun papel. https://sites.google.com/view/camaleoquedanacasa/5%C2%BA-e-6%C2%BA-de-ed-primaria/reto-6_m%C3%A1is-retos-de-educaci%C3%B3n-f%C3%ADsica RE

Tarefas das linguas semana 18-22 de maio

Bo día! Esta semana imos repasar, sobre todo, os verbos da 2ª conxugación e algo de ortografía. Moito ánimo! Descarga o documento aquí

Tarefas de matemáticas semana 18-22 de maio

Ola bo día! Estas son as tarefas de matemáticas, esta semana imos continuar co tema e pasamos ás unidades de capacidade. Acordádesvos? Descarga o documento aquí

CORRECCIÓNS MATEMÁTICAS E LINGUAS SEMANA 11-15

Ola nenos e nenas ! Aquí vos deixo as correccións da semana pasada. Descarga o documento aquí

Solución Sueños- Actividades Religión del 4 al 17 de mayo

¡Hola a tod@s! A continuación os facilito las respuestas a las preguntas sobre "Sueños", alguna de las preguntas era más abierta, no busco que hayáis contestado exactamente con las mismas palabras; con esta actividad lo que más me importaba y daba valor, era que entendieseis que la  diversidad sea apreciada y valorada,  y que os planteaseis  cómo debéis actuar ante un conflicto . 1. ¿Cuántas personas hay en el mundo? ¿Cómo sería el mundo si todas esas personas fuéramos exactamente iguales y nos gustaran las mismas cosas? En el mundo hay más de 7.500 millones de personas. No existiría la diversidad por lo que se perdería la riqueza de la variedad. 2. Imagínate que todos quisiéramos trabajar en lo mismo (y que sólo hubiera periodistas o cocineros) o que a todos nos gustara el mismo equipo de fútbol… ¿existiría el fútbol si todos fuéramos del mismo equipo?  Podría existir, pero no sería lo mismo, al haber más equipos hay más diversidad. 3. ¿Qué gana un g

Familia - actividades Religión del 18 de mayo al 1 de junio

Imaxe
¡Hola a todos y todas! Esta quincena adelanto la publicación de las actividades al viernes en lugar del lunes... Porque hoy es el día de la familia y ¡me gustaría celebrarlo con todos vosotros! Para hacerlo, os propongo que veáis el vídeo que os he preparado, y que después de verlo, hagáis un vídeo/dibujo/manualidad/carta/ poema... lo que os apetezca, para una persona especial de vuestra familia (mirad el vídeo para ver cuántos tipos de familias tenéis la suerte de tener).  A mí enviadme una foto del lo que hayáis hecho, como siempre por  whatsapp  o por email a  relibaralla@gmail.com   Y cuando lo acabéis, y se pueda,  ¡dádselo con un super abrazo a la persona que hayáis escogido!

Tarefas para a semana 11-15 de maio

Bo día! Aquí vos deixo a tarefa de Lingua Galega e Lingua Castelá para esta semana. Fixádevos que o venres non hai tarefa escrita, mais si debedes prestarlle atención aos verbos. Descarga o documento aquí

Tarefas para a semana 11-15 de maio

Ola!! Esta semana en matemáticas imos seguir repasando as unidades de lonxitude así como diversas operacións de repaso trimestral.... acordarédesvos? Descarga o documento aquí

Corrección das tarefas da semana 5-8 de maio

Bo día! Malia que fomos corrixindo individualmente ao longo da semana, aquí vos deixo como de costume as solucións das tarefas do 5 ao 8 de maio. Descarga o documento aquí

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

Ola nen@s! Esta semana seguiremos repasando as relacións entre os seres vivos. Se o necesitades volvede a ver o vídeo donde volas explico. As tarefas que debedes facer son as seguintes: 1. Pon un exemplo de cada unha das relación que poden darse entre os seres vivos. Un exemplo diferente ao do vídeo e ao do libro  2. Que relación existe entre os seguintes animais. Explica a túa resposta.  A) O cangrexo obtén a protección que lle proporcionan os tentáculos da anémona e a anémona obtén alimento de forma máis fácil polos restos de comida que se lle escapan ao cangrexo. B) A presencia da tartaruga é aparentemente indiferente para o tiburón ao que acompaña, pero o tiburón proporciona protección e restos de alimento á tartaruga.  RECORDADE enviarme as tarefas ao correo electrónico ou ao whatsapp e preguntádeme calquer dúbida que precisedes.  Unha aperta!

TAREFAS SOCIAIS DO 11 O 17 DE MAIO

Ola nen@s! Para seguir repasando esta semana faredes as seguintes actividades: DO LIBRO, PÁXINA 96, EXERCICIO 7. DO LIBRO, PÁXINA 97, EXERCICIO 9. RECORDADE : enviádemas a través do correo electrónico ou do whatsapp e non dudedes en preguntarme calquer dúbida. Unha aperta!

CORRECCIÓNS SOCIAIS E NATURAIS 5-10 MAIO

SOCIAIS DO LIBRO, PÁXINA 87, EXERCICIO 1. 1.    CALCULA O SALDO NATURAL DE ESPAÑA NO ANO 2012 A PARTIR DESTES DATOS. Nacementos: 455000                                                                     Defuncións: 403000 455000-403000=52000 O saldo natural é positivo en 52000 persoas. Naceron máis persoas das que morreron. DO LIBRO, PÁXINA 89, EXERCICIO 2. 2.  CALCULA O SALDO MIGRATORIO DE ESPAÑA EN 2012 A PARTIR DOS SEGUINTES DATOS.   Emigrantes: 445000                                                                       Inmigrantes: 305000 445000-305000=140000 O saldo migratorio é negativo en 140000 persoas. É negativo porque marcharon máis persoas das que chegaron. NATURAIS 1.     MIRA POLA FIESTRA DA TÚA CASA E INDICA OS DIFERENTES ELEMENTOS DO ECOSISTEMA QUE PODES VER. ·          ELEMENTOS QUE PERTENCEN AO MEDIO FÍSICO: Río, aire, temperatura, rochas, montaña…. ·          ELEMENTOS QUE FORMAN PARTE DA FLORA: Árbores e plan

Sueños - Actividad Religión del 5 al 17 de mayo

Imaxe
¡Hola chicos y chicas de 5º! Esta semana me gustaría trabajar con vosotros el valorar que todos somos distintos y la importancia de respetarlo. ¿Recordáis cuando vimos la película Wonder? A través de ella aprendimos que aunque Auggie era diferente a nivel físico a causa de una enfermedad; era igual a los demás al mismo tiempo, era un niño lleno de sueños que disfrutaba de sus amigos. Por eso, hoy os propongo ver este vídeo y reflexionar sobre él a través de estas preguntas, que debéis responder en vuestra libreta. 1. ¿Cuántas personas hay en el mundo? ¿Cómo sería el mundo si todas esas personas fuéramos exactamente iguales y nos gustaran las mismas cosas? 2. Imagínate que todos quisiéramos trabajar en lo mismo (y que sólo hubiera periodistas o cocineros) o que a todos nos gustara el mismo equipo de fútbol… ¿existiría el fútbol si todos fuéramos del mismo equipo? 3. ¿Qué gana un grupo cuando sus miembros saben hacer cosas diferentes o tienen distintos intereses?

OS RETOS MÁIS VIRAIS DESTE CONFINAMENTO! DO 5 AO 17 DE MAIO

Para poñer en práctica algunhas das habilidades traballadas ao longo do curso, comparto tres retos que debedes INTENTAR realizar nestas datas. Son retos virais que se popularizaron nas primeiras semanas tras a declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo. Necesitan ser practicados, pois NON SAEN CON FACELOS SÓ UNHA OU DÚAS VECES . Da mesma maneira, APRENDEREMOS e tamén nos EQUIVOCAREMOS e gracias a isto, poderemos MELLORAR (superando ou quedando preto de conseguilo). A continuación, comparto os enlaces aos vídeos que se encontran no blog de Camaleo. RECORDADE: os vídeos deben ser gravados unha vez os practiquedes ben, desta maneira poderemos ver un resultado dese proceso. RETO 1 E 2 : “RETO DA CHANCLA E DA MOPA” https://sites.google.com/view/camaleoquedanacasa/grandes-retos-para-tods/reto-11_retos-de-educaci%C3%B3n-f%C3%ADsica  No “reto da mopa” , aqueles que teñades irmáns podédelo facer xuntos. Do contrario, facer como fixen eu, pero vale calquera out

Rutinas 2.0 para estar activ@s

https://drive.google.com/file/d/14NGBoD-qcRc-2ulZdpmBVILVzo-67Stq/view?usp=sharing

TAREFA PLÁSTICA 5-17 DE MAIO

Imaxe
Para traballar a materia de Plástica imos tomar como referencia unha das actividades de música, a dos cadros. Amósovos a imaxe de diferentes cadros coñecidos para que os observedes e escollades o que máis vos guste. O que quero que fagades é un ‘copia’ dese cadro. Debuxade de novo ese cadro tomándoo como referencia, pero sen que sexa unha copia exacta. O obxectivo non é calcar o cadro ou que se pareza moito ao orixinal, o obxectivo é que o tomedes como referencia para facer algo parecido pero que engadades debuxos propios ou coloreado doutra forma. Amósovos un exemplo que xa fixestes na clase. Recordade enviarme o voso debuxo a través do correo electrónico ou a través do whatsapp. Unha aperta!

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

Imaxe
Para estas dúas semanas propóñovos varias tarefas para que escollades e fagades a que máis vos guste. A primeira delas consiste en tocar coa flauta unha peza que moitos de vos xa coñeceredes e que se chama Himno da alegría. Para poder tocala déixovos un vídeo no que repasamos a posición das notas e vemos a partitura desta peza. RECORDADE: tocade pouco a pouco, compás por compás e despois tocade varios compases unidos. E xa sabedes, cando estedes listos enviádeme un vídeo ou un audio no que toquedes toda a canción ou un pedaciño dela. A seguinte tarefa consiste en poñer música a un cadro. En primeiro lugar vouvos amosar diferentes cadros moi coñecidos para que lles botedes un vistazo. O que quero que fagades é que escollades un cadro, o que máis vos guste, e que lle poñades música. Observade ben o cadro, pensade que vos transmite e creade algún son que reflexe eso que vos trasmite. Para crear estes sons podedes utiliza

TAREFAS DO 5 AO 10 DE MAIO

Para seguir repasando os ecosistemas e os seus elementos quero que fagades as seguintes tarefas.  1. M IRA POLA FIESTRA DA TÚA CASA E INDICA OS DIFERENTES ELEMENTOS DO ECOSISTEMA QUE PODES VER. ELEMENTOS QUE PERTENCEN AO MEDIO FÍSICO: ELEMENTOS QUE FORMAN PARTE DA FLORA: ELEMENTOS QUE FORMAN PARTE DA FAUNA:  2.  DE TODOS OS SERES VIVOS QUE OBSERVACHE PODERÍAS POÑER UN EXEMPLO DE INDIVIDUO E POBOACIÓN? RAZOA A TÚA RESPOSTA. Recordade enviarmas a través do correo electrónico ou do Whatsapp. Unha aperta!

TAREFAS DO 5 AO 10 DE MAIO

Ola nen@s! Que tal estades? Aquí vos deixo un vídeo para explicarvos un pouquiño máis o tema da poboación. As actividades que quero que fagades son: Do libro Páxina 87, exercicio 1 Páxina 89, exercicio 2.

Tarefas semana 5-8 de maio

Bo día! Déixovos aquí a tarefa de matemáticas para esta semana. Como vedes, hai 4 gravacións que aparecen fóra do documento PDF, que deberedes de escoitar antes de realizar as tarefas correspondentes , pois é un complemento máis para o traballo do martes, mércores e xoves desta semana. Agardo que así sexa máis doado realizar os diferentes exercicios.  Malia isto, se tedes algunha dúbida, estamos en contacto.   Descarga o documento aquí