TAREFAS SOCIAIS 25-31 MAIO

Ola nen@s!
Esta semana repasaremos contidos traballados durante as semanas pasadas. 
Para eso quero que fagades a seguinte actividade. 

Tendo en conta os seguintes datos indica cal é a poboación de España ao finalizar o ano 2019 e calcula se o saldo natural e tamén o migratorio é positivo ou negativo.

A poboación de España é de 47.000.000 de persoas no ano 2019.
Neste ano o número de nacementos é de 170.074
O número de falecementos no 2019 é de 424.523 
As persoas inmigrantes que chegaron a España durante o 2019 foron 348.625 e as persoas que emigraron foron 139.528

RECORDADE preguntarme calquer dúbida e enviarme as tarefas a través do Whatsapp ou do correo electrónico.

Unha aperta!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO