TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO



Para estas dúas semanas propóñovos varias tarefas para que escollades e fagades a que máis vos guste.

A primeira delas consiste en tocar coa flauta unha peza que moitos de vos xa coñeceredes e que se chama Himno da alegría.
Para poder tocala déixovos un vídeo no que repasamos a posición das notas e vemos a partitura desta peza.

RECORDADE: tocade pouco a pouco, compás por compás e despois tocade varios compases unidos.
E xa sabedes, cando estedes listos enviádeme un vídeo ou un audio no que toquedes toda a canción ou un pedaciño dela.


A seguinte tarefa consiste en poñer música a un cadro.

En primeiro lugar vouvos amosar diferentes cadros moi coñecidos para que lles botedes un vistazo.










O que quero que fagades é que escollades un cadro, o que máis vos guste, e que lle poñades música.

Observade ben o cadro, pensade que vos transmite e creade algún son que reflexe eso que vos trasmite.

Para crear estes sons podedes utilizar percusión corporal, son que fagades co voso corpo ou sons que realicedes con obxectos que tedes na casa (sarténs, culleres, vasos, libros, aspiradora, auga, ducha…)

Quero que me enviedes un vídeo ou un audio cos vosos sons e que me digades que cadro estades representando.

Xa sabedes que me podedes enviar a vosa tarefa a través do correo electrónico ou do Whatsapp.

Unha aperta!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO