TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

Ola nen@s!

Esta semana seguiremos repasando as relacións entre os seres vivos.
Se o necesitades volvede a ver o vídeo donde volas explico.


As tarefas que debedes facer son as seguintes:

1. Pon un exemplo de cada unha das relación que poden darse entre os seres vivos. Un exemplo diferente ao do vídeo e ao do libro 


2. Que relación existe entre os seguintes animais. Explica a túa resposta. 

A) O cangrexo obtén a protección que lle proporcionan os tentáculos da anémona e a anémona obtén alimento de forma máis fácil polos restos de comida que se lle escapan ao cangrexo.

B) A presencia da tartaruga é aparentemente indiferente para o tiburón ao que acompaña, pero o tiburón proporciona protección e restos de alimento á tartaruga. 

RECORDADE enviarme as tarefas ao correo electrónico ou ao whatsapp e preguntádeme calquer dúbida que precisedes. 

Unha aperta!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO