ÚLTIMOS RETOS VIRAIS DESTE CONFINAMENTO! DO 18 AO 31 DE MAIO



Para poñer en práctica algunhas das habilidades traballadas ao longo do curso, comparto catro retos que debedes INTENTAR realizar nestas datas. Necesitan ser practicados, pois NON SAEN CON FACELOS SÓ UNHA OU DÚAS VECES. Da mesma maneira, APRENDEREMOS e tamén nos EQUIVOCAREMOS e gracias a isto, poderemos MELLORAR (superando ou quedando preto de conseguilo).

DOS 4 RETOS que vos presento debedes ESCOLLER 3 para realizar. Para entregar estes podedes:
OPCIÓN A. Gravalos en vídeo despois de practicalos/intentalos.
OPCIÓN B. Gravar un audio e escoller 3 retos onde se expliquen:
  1.        En que consiste cada reto.
  2.        Obxectivos
  3.        Que vos parece o máis complicado? E sinxelo?

OPCIÓN C. Explicar o mesmo que na opción B pero por escrito.
OPCIÓN D. Combinar entre vídeos e audio/explicacións nun papel.




RETO 1: PUNTERÍA
Tres lanzamentos dende distintas posicións. Precisamos un cubo e unha pelota. Eu fíxeno cunha de tenis pero vale unha saltarica ou dun tamaño similar. De non ter estas anteriores, podedes facelo cunha máis grande.

RETO 2: TOQUES CO PAPEL HIXIÉNICO
Cunha pota pequena e un roio de papel, daredes os toques que poidades con esta. Por exemplo: 7.

RETO 3: PASES CON GLOBOS/PELOTA DE TENIS
Opción A: os/as que teñades globos utilizaredes estes (2 son suficientes).
Opción B: os/as que non teñades globos utilizaredes unha pelota de tenis/saltarica ou calquera outra similar.
En ambos casos, empregando as mans daredes os pases que poidades contra unha parede (non vale agarrar os globos nin a pelota, só para sacar). Con globos, por exemplo aguantar 40´´; de facelo coa pelota 8´´.

RETO 4: DESPRAZAMENTOS, SALTOS, XIROS “SCOTCH-SCOTCH”
Marcamos no chan 16 cadrados (4x4). Podemos utilizar baldosas nas que se vexan estes como no meu caso; do contrario, podedes marcala cunha cinta de carroceiro ou ao aire libre cun xiz, paus...en función das vosas posibilidades.


NOTA: se tedes calquera problema, dúbida...podedes consultarma.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO