TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO


Ola nen@s!
Aquí vos deixo un breve vídeo para seguir traballando un pouquiño máis a emigración e a inmigración.




As tarefas que quero que fagades son:
Do libro, páxina 96, exercicio 6.
Un breve traballo de investigación sobre como se sinten as persoas emigrantes cando chegan a un país novo.
Para iso déixovos un enlace que se amosa a historia de varios españois que decidiron emigrar a un outro país e un vídeo que amosa a historia dunha nigeriana que veu a España.

As preguntas ás que tedes que responder son:
Por qué motivo marcharon a outro país?
Como se sentiron a primeira vez que chegaron a ese país?
Se ti tiveras que emigrar a outro país, como che gustaría que se comportase a poboación dese país contigo? Ti comportaríaste da mesma forma con alguén que emigra ao teu país? Xustifica as túas respostas.


RECORDADE que podedes preguntarme calquer dúbida a través do correo electrónico ou do Whatsapp. A través destes medios tamén podesde enviarme as vosas tarefas.

Unha aperta!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO