OS RETOS MÁIS VIRAIS DESTE CONFINAMENTO! DO 5 AO 17 DE MAIO



Para poñer en práctica algunhas das habilidades traballadas ao longo do curso, comparto tres retos que debedes INTENTAR realizar nestas datas. Son retos virais que se popularizaron nas primeiras semanas tras a declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo. Necesitan ser practicados, pois NON SAEN CON FACELOS SÓ UNHA OU DÚAS VECES. Da mesma maneira, APRENDEREMOS e tamén nos EQUIVOCAREMOS e gracias a isto, poderemos MELLORAR (superando ou quedando preto de conseguilo).

A continuación, comparto os enlaces aos vídeos que se encontran no blog de Camaleo.

RECORDADE: os vídeos deben ser gravados unha vez os practiquedes ben, desta maneira poderemos ver un resultado dese proceso.

RETO 1 E 2 : “RETO DA CHANCLA E DA MOPA”
https://sites.google.com/view/camaleoquedanacasa/grandes-retos-para-tods/reto-11_retos-de-educaci%C3%B3n-f%C3%ADsica 


No “reto da mopa”, aqueles que teñades irmáns podédelo facer xuntos. Do contrario, facer como fixen eu, pero vale calquera outro obxecto (escoba, fregona, un pau...).

A canción deste reto chámase “Pretty girl” de Maggie Lindemann.
https://www.youtube.com/watch?v=DkV7wEliP_A



Os movementos que debedes facer comezan a partir do segundo 37. Se tedes dificultades para poñer esta canción de fondo, non vos preocupedes, facédeo sen música.

RETO 3: “OS MALABARES”

https://sites.google.com/view/camaleoquedanacasa/5%C2%BA-e-6%C2%BA-de-ed-primaria/reto-5_malabares



NOTA: se tedes calquera problema, dúbida...podedes consultarma.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO