Para estas dúas semanas propóñovos varias tarefas para que escollades e fagades a que máis vos guste. A primeira delas consiste en tocar coa flauta unha peza que moitos de vos xa coñeceredes e que se chama Himno da alegría. Para poder tocala déixovos un vídeo no que repasamos a posición das notas e vemos a partitura desta peza. RECORDADE: tocade pouco a pouco, compás por compás e despois tocade varios compases unidos. E xa sabedes, cando estedes listos enviádeme un vídeo ou un audio no que toquedes toda a canción ou un pedaciño dela. A seguinte tarefa consiste en poñer música a un cadro. En primeiro lugar vouvos amosar diferentes cadros moi coñecidos para que lles botedes un vistazo. O que quero que fagades é que escollades un cadro, o que máis vos guste, e que lle poñades música. Observade ben o cadro, pensade que vos transmite e creade algún son que reflexe eso que vos trasmite. Para crear estes sons podedes utiliza
Comentarios
Publicar un comentario