TAREFA PLÁSTICA 5-17 DE MAIO

Para traballar a materia de Plástica imos tomar como referencia unha das actividades de música, a dos cadros.
Amósovos a imaxe de diferentes cadros coñecidos para que os observedes e escollades o que máis vos guste.










O que quero que fagades é un ‘copia’ dese cadro. Debuxade de novo ese cadro tomándoo como referencia, pero sen que sexa unha copia exacta.

O obxectivo non é calcar o cadro ou que se pareza moito ao orixinal, o obxectivo é que o tomedes como referencia para facer algo parecido pero que engadades debuxos propios ou coloreado doutra forma.
Amósovos un exemplo que xa fixestes na clase.







Recordade enviarme o voso debuxo a través do correo electrónico ou a través do whatsapp.

Unha aperta!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA DE MÚSICA 5-17 DE MAIO

TAREFAS NATURAIS DO 11 AO 17 DE MAIO

TAREFA SOCIAIS 18-24 MAIO