TAREFA NATURAIS 1-7 XUÑO
Ola nen@s! Comeza a recta final deste curso e por iso imos repasar o que levamos traballado ata agora. A continuación déixovos o enlace a un xogo similar a Pasapalabra con preguntas sobre os ecosistemas e os seres vivos. https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5927094-ecosistemas.html A tarefa desta semana consiste en realizar o xogo e enviarme unha imaxe ou captura de que terminastes dito xogo. O IMPORTANTE É QUE O INTENTEDES CON TODAS AS LETRAS! TENTADE XOGAR SEN MIRAR O LIBRO PARA SABER DE QUE VOS ACORDADES E DE QUE NON. RECORDADE que podedes preguntarme calquer dúbida a través do correo electrónico ou do Whatsapp e podedes utilizar estes medios tamén para enviarme a tarefa relizada. Unha aperta!